top of page

GLOBAL DXT e o Concello de Pontecaldelas e en colaboración coa agrupación ciclista A Roda Do Demo presentan a que é a I ruta BTTroita 2014.

 

Esta ruta NON COMPETITIVA E NON FEDERADA  transcorrerá polos montes de Pontecaldelas, cun percorrido ben sinalizado de 38 kms. con alternativas de escape para os que vaian menos preparados,  no que os bikers deberán ter unha mínima condición física.

 

A saída darase ás 09:30 e a entrega de dorsais realizarase dende as 08:15 ás 09:15.

 

O máximo de participantes será de 600 aceptándose por rigoroso orde de inscrición.

 

A inscrición non quedará formalizada mentres non se encha o formulario de inscrición e  posteriormente se realice o ingreso. No concepto do ingreso deberá figurar o nome completo do participante.

 

Crearase unha lista de espera no caso de que algún dos inscritos non chegase a completar o pagamento en prazo no caso de ter máis solicitudes que prazas.

 

A ruta partirá da Alameda de Ponte Caldelas e terá a saída neutralizada durante os primeiros kms ao paso polo casco urbán donde posteriormente a saída do mesmo cada quen poderá ir ao seu ritmo. Colgarase o track o día anterior á realización da ruta. Ten un desnivel acumulado positivo de 1.044 mts.

 

Para poderse inscribir haberá que rexistrarse no apartado INSCRICIONS e posteriormente facer o ingreso de 8 € na conta de NOVAGALICIA BANCO Nº IBAN: ES56-2080-5140-9830-4003-1638  indicando no concepto o nome e apelidos do participante (moi importante).Ultimo día de aceptación de pagos LUNS 12 DE MAIO.

 

O prezo de inscrición inclúe un seguro con MAPFRE de Asistencia Sanitaria para cada un dos participantes inscritos e de  Responsabilidade Civil, 2 Avituallamientos solidos e liquidos, ambulancia medicalizada e por suposto zoa de aparcamento, duchas e lavado de bicis. Asemade, 1 euro de cada inscrición destinarase á campaña solidaria sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica (E.L.A)

 

Todo participante inscrito e portador do dorsal correspondente, está OBRIGADO a cumprir escrupulosamente o Código de Circulación, a levar CASCO debidamente colocado, e a seguir as indicacions dos Axentes da Autoridade, Protección civil e do Persoal da Organización habilitado, segúndo se recolle no Texto Articulado do Regulamento Xeral de Circulación.

Perfil BTTroita longa

Perfil BTTroita curta

TRACK BTTROITA LONGA

 

 

TRACK BTTROITA CURTA

 

 

bottom of page