top of page

 

 

 

 

 

 

 

 

REGULAMENTO

 I RUTA BTTroita PONTECALDELAS.- Marcha Social Non Federada

 


1º.- A I Ruta BTTroita PONTECALDELAS é  unha marcha non competitiva que terá a súa saída oficial ás 09:30 horas do domingo día 18 de Maio de 2014 dende a Alameda de PonteCaldelas organizada pola empresa GLOBAL DXT (http://www.globaldxt.com/)  en colaboración co Concello de Pontecaldelas e a agrupación ciclista A Roda do Demo. A organización establece as 15 horas, como hora limite de remate da marcha.

 

  2.- As inscricions  realizaránse a través da páxina web http://bttroita.wix.com/bttroita no  apartado de inscricions e se formalizarán unha vez se teña ingresado na conta bancaria, o importe de 7€+ 1€ ( total do ingreso 8€ dos que 1 vai destinado para a loita contra O ELA) Este importe dará dereito a participación, avituallamentos, duchas, lavado de bicis, seguro de responsabilidade civil da marcha e seguro de accidentes. A taxa de inscrición non é reembolsable.

 

3º A ruta conta cun avituallamento sólido-liquido á metade da ruta e ao finalizar a mesma.

 

4º Pocederase ao finalizar a ruta, á entrega de agasallos para o grupo mais numeroso, o participante mais vello, o participante mais novo e  o participante/grupo que ven de mais lonxe. Ademais, sorteraremos algúns agasallos cedido polos nosos patrocinadores.

 

 5º.- Os ingresos terán que efectuarse a través de transferencia bancaria á conta da entidade 

 

NOVAGALICIA BANCO co código IBAN:

 

con anterioridade ás 21 horas do XOVES 15 de Maio de 2014. Todos aqueles ingresos realizados con posterioridade a esta data ou o día da ruta non serán admitidos. Deberemos ter constancia do ingreso en esa data.  Os dorsais estaran personalizados co nome de cada participante se a inscrición se ten feito antes do 12 de maio.

 

6º.- É recomendable achegar o resgardo do pago o día da ruta ao retirar o dorsal.

 

7º.- A recollida de dorsais  realizaráse no lugar da saída entre as 8:15 e as 9:15  horas o día 18 de maio de 2014. Informaráse nesta páxina da posibilidade de recollida de dorsais os días próximos á celebración do evento. É obrigatorio levar o dorsar en lugar ben visible o día da ruta así como o uso do CASCO PROTECTOR. NON SE PERMITIRÁ A SAÍDA A NINGÚN PARTICIPANTE SEN CASCO.

 

8º.- A Organización disporá durante o desenrolo da marcha de asistencia da Cruz Vermella(con presencia dun medico e dun DUE), vehículos da organización e persoal de apoio para asegurar o bo funcionamiento da mesma.

 

9º.- Todo participante, deberá ser maior de idade (os participantes con 16 e 17 años poderán participar coa autorización paterna que teráse que entregar asinada e acompanada de fotocopia do DNI do pai, nai ou titor), e deberá ir provisto obrigatoriamente de casco protector, roupa axeitada ás condicions climatolóxicas da proba. Aconsellable o uso de teléfono móbil.

 

10º.- O percorrido da proba descorre casi na súa totalidade por sendeiros, camiños e pistas, pero  non está pechado ao tráfico, polo que os participantes deberán cumprir as leis de seguridade vial e o código de circulación, tendo especialmente coidado no cruce da estrada PO-532. A Organización non se fai responsable das neglixencias dos participantes que non cumpran dita Lei, nin solidaria ni subsidiariamente; así coma dos accidentes provocados polos mesmos. Ademais, as forzas do orden poderan decidir que calquera participante que non cumpra as normas viarias, abandone a proba.

 

11º. Cada participante, se compromete a respectar o código de circulación e o  regulamento da proba. No caso de infracción será o único responsable do accidente, incluso a terceiros.

 

12º. Cada participante, maior de idade (ou o seu titor se é menor de idade), é responsable  da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar  nunha proba destas características, tanto a nivel de esforzo físico, psíquico, como caídas u outro tipo de lesions.

 

11. Os participantes deberán de atender aos consellos  e indicacions da organización e deberán levar o dorsal ben visible na  parte dianteira da bici.

 

12. Todo participante deberá  respectar o itinerario marcado pola organización. Asemade,  deberá traer as pezas necesarias para resolver unha avaria (cámara, bombin,...)

13. A organización poderá retirar da marcha a todo participante, que a xuizo dos sanitarios ou xuíces non se atope en condicions físicas de continuar ou non cumpra os horarios previstos pola organización.

 

14. Todo participante que abandoe a marcha farao baixo a súa propia responsabilidade.

 

15. A marcha está considerada dun nivel físico medio polo que a organización recomenda a todo participante, un entrenamento específico para a participación nela, así como a realización de controis físicos periódicos.

 

16. O percorrido desenrolarase por terreos naturais, polo que a organización prega, a todo participante, que para que poidamos seguer desfrutando destas marabillosas paraxes, o deixemos todo ben limpo e non tiremos papeis e lixo ao chan, depositando os nosos desperdicios nos lugares previstos ao efecto. Respectando asi a normativa vixente en canto o uso dos montes.

 

17. Os primeiros metros incluen un tramo urban,  que será neutralizado; o resto será libre. Non obstante, a organización se reserva o dereito de modificar o percorrido, kilometraxe e a data da proba se fose preciso.

 

18. Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicions e regulamentacións impostas pola organización, nas que o participante é o único responsabel da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar nunha proba destas características, polo que libera expresamente á organización ou a cualquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que poidera surxir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil e asistencia sanitaria, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.

 

19.- Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal,  informamoslle que os datos persoais que nos facilite quedarán incorporados e serán tratados nun ficheiro titularidade da organización coa finalidade de recibir información das actividades. Si o desexa, pode exercitar os séus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, previstos na Lei, dirixindo un correo electrónico a BTTroita@gmail.com.

 

bottom of page